lunes, 28 de marzo de 2011
O discurso do Rei
Excelente película que recrea o período de entreguerras: as ameazas totalitarias, as crises económicas, o triunfo do comunismo na URSS e o tránsito dos sistemas liberais de sufraxio restrinxido á democracia plena (sufraxio universal masculino e feminino).
Cleopatra Taylor
Película que recrea a vida da célebre raíña de Exipto maxistralmente interpretada por Elisabeth Taylor e Richard Burton.
II República
Este é o símbolo que represanta á República. Como podedes ver é unha muller nova co gorro frixio. A Segunda República supuxo un intento de profunda renovación económica, social e cultural que debía desenvolverse nun novo marco constitucional. Pero este intento reformista viuse contrarrestado nun dobre plano: por un lado forzas revolucionarias obreiras e campesiñas e por outro por determinados grupos tradicionalistas. Debemos ter en conta, ademais, o contexto europeo do momento (crise económica e os totalitarismos fascista en Italia e nazi en Alemaña).
Suscribirse a:
Entradas (Atom)